domingo, 15 de diciembre de 2013

FELIZ NADAL PARA TOD@S



                 
                         DENDE A CLASE DE MUSICA....
          
          DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES
                                                  DUN FELIZ NADAL.

                 E QUE O ANO 2014 CHEGUE CHEO DE LEDICIA                                     PARA TOD@S.

                                                       MOITOS BICOS MUSICAIS.            

sábado, 14 de diciembre de 2013

CANCIÓN ADICADA....

UNHA  NOVA  CANCIÓN  DE NADAL ADICADA  
A nosa compañeira Uxía dedicounos a canción da Oreja de Van Gogh... "LA LUZ QUE NACE EN TI".
Gustounos tanto que rematamos as clases estes dias cantando e bailando con ela.
Moitas grazas a tod@s por participar con tanta ilusión.

CANCIÓNS ADICADAS...

CANCIÓN  DE  NADAL  ADICADA  PARA TOD@S .
Non podíamos celebrar o Nadal, sin falar do noso amigo o Apalpador.
Un ano máis o esperamos nas nosas casas .
Gracias a Paco Nogueiras
por mandarnos esta nova  brincadeira.

domingo, 8 de diciembre de 2013

CANTOS DO NADAL GALEGO

PRESENTACIÓN  DOS  NADAIS

 Estas clases de música  do mes de Decembro estaremos a falar das cantigas de Nadal .

Aquí tedes  un pouco de información . Desexo que disfrutedes un pouquiño coa nosa historia musical.
FAI  CLIC  NA FOTO  PARA  VER  A PRESENTACIÓN

domingo, 1 de diciembre de 2013

CHEGA O NADAL

UN ANO MÁIS CHEGAN OS DIAS DE NADAL O NOSO COLE.



O longo do mes de Decembro adicaremos as nosas clases de música a preparar  panxoliñas para tocar coa frauta.Pero sobre todo a estudar os CÁNTICOS  DO  NADAL  GALEGO.


Por iso  quero comezar facendolle unha lembranza...                 "O NADAL MEDIEVAL".

Aquí deixovos un video que mostra como soa en Canto Gregoriano a panxoliña;        "NOITE DE PAZ"

sábado, 30 de noviembre de 2013

UN DÍA PARA A IGUALDADE

Como xa esperábamos o mércores 27 de Novembro nos xuntamos no Recanto dos Contos para meditar sobre a "Igualdade e contra a Violencia de Xénero".

Raioteca deixounos un video, un conto e a canción. Que nas clases de música estivemos preparando con moito interés.




Aquí tedes un video para que podades disfrutar de novo dun día tan especial.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PREPARANDO O 25N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nestes días do mes de Novembro estamos traballando nas clases de música  a canción :
               "SE  ACABARON  LAS  LÁGRIMAS"  de Huecco.
Elexímola polo moito que comunica, o polo seu ritmo que nos pon a tod@s a bailar.
Desexamos que o día que  a cantemos no Recanto dos contos todo o cole sexa un verdadeiro éxito.

FALAMOS DO INTÉRPRETE:

Iván  Sevillano Pérez conocido como Huecco É 

un cantante español nacido no 1974


en Plasencia (Cáceres excomponente de la


banda Sugarless.  Saltó a la fama en 2006 como cantante


en solitario con su tema Pa' mi guerrera.



domingo, 10 de noviembre de 2013

ANDRADE MEDIEVAL: " VI FESTA DA FROITA"

O  pasado 30 de Outubro celebramos a VI Festa da Froita no noso cole.

Como neste curso temos en marcha o proxecto "Andrade Medieval", decidimos que esta edición da festa centrárase nun mercado medieval.
Por iso o noso cole, por un día, encheuse de cabaleiros, damas , monxes , campesiños e campesiñas etc...
Todos dispostos a pasalo moi ben, nunha verdadeira festa do medievo cun torneo de xogos,con danza, cantigas e sobre todo cunha degustación de doces feitos con froitas das nosas hortas.

Dende a clase de música nos encargamos de buscar a melodia que acompañou o desfile e a festa.

FELICIDADES a tod@s polo interés mostrado e sobre todo ás familias polo moito que se esforzaron en facer uns doces tan ricos.
Aquí tedes un video para recordar unha xornada  tan estupenda.

domingo, 3 de noviembre de 2013

ANDRADE MEDIEVAL ... FALEMOS DE TROBADORES

Seguimos a falar dos trobadores  e o máis destacado da idade media foi o rei "ALFONSO X ".
Aquí tedes algo de información e un video dunha das súas cantigas mais coñecidas.

domingo, 27 de octubre de 2013

NO COLE DE ANDRADE ... SOMOS MOI AFORTUNADOS!!!


DENDE A CLASE DE MÚSICA ... UNHA LEMBRANZA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS.


Fai xa mais de dez anos que comezamos no noso cole co proxecto de dinamizar a nosa biblioteca.
Pasamos por moitas etapas nas que participaron tanto  profes como alumnos, que xa non están no cole, pero grazas a o entusiasmo e as ganas de superación chegamos ata hoxe.Sempre da man dunha mestra FANTÁSTICA, que dende o primer intre, foi a "ALMA  MATER" do proxecto.Xa sabedes de quen falo da profe... "ENCARNA".
Grazas a tod@s, porque moitos sodes ou seredes encargados da biblio, por manter este espazo como un lugar máxico, no que ademais de traballar ,podemos gozar con mil aventuras e facer novos amigos. Pois ó longo desta década parason moitos escritor@s , ilustradores , contacontos, músicos, pais, nais, avoas,etc.
Todas estas persoas xa forman parte da nosa biblioteca "SOÑOS DE ANDEL".
E a seguir soñando!!! 

sábado, 26 de octubre de 2013

MÚSICA PARA UN DÍA ... MOI ESPECIAL!!!

O  24 de Outubro celébrase en todo o mundo o día das BIBLIOTECAS.No noso cole sempre é un día moi especial.

Dende a clase de música tamén quixemos poñer o noso graiño de area para celebralo todos xuntos, coa presenza de Raioteca, no recanto dos contos.

Polo que eleximos a música que acompañou a lectura do fermoso conto " NO CLARO DO BOSQUE".
A cancón titúlase: TEA  FOR  TWO (té para dous) foi composta en 1925 (xa choveu!) para o musical "No No Nanette".
É unha melodía da que  fixéronse moitas versións sobre todo para o Jazz.

Aquí tedes dous exemplos; un dun, fragmento da película " Tea for two". E outro de CHACHACHA para bailar un pouquiño.
Desexo que vos guste!

domingo, 6 de octubre de 2013

sábado, 28 de septiembre de 2013

PROXECTO: ANDRADE MEDIEVAL

Como xa falamos nestas primeiras clases, no colexio temos programado traballar, ó longo deste curso 2013-2014  o proxecto titulado..."ANDRADE  MEDIEVAL".

Comezaremos nas nosas clases adicandolle unha parte o estudo da  MÚSICA  NA IDADE MEDIA.
Polo que preparádevos... para comezar está nova aventura!



miércoles, 11 de septiembre de 2013

COMEZA O NOVO CURSO !!!

Hoxe comezamos o curso 2013-2014. Que sorte temos estar de novo xuntos  no noso cole de Andrade.


Ainda  que pola mañá vianse moitas caras de sono, algún que outro choro pero o que mais se notaba eran moitas ganas de ver os compañeiros para xogar de novo todos xuntos.

Eu quero comezar cun desexo para o novo curso.
 Aquí tedes ...   "O RAP DA EDUCACIÓN 2.0" que explica moi ben o que esperamos lograr ao longo desta nova etapa das vosas vidas .
DISFRUTEMOS CANTANDO  E  BAILANDO  NAS NOSAS CLASES DE MÚSICA.

martes, 18 de junio de 2013

5º CANCIÓN ADICADA...

 Os compañeiros e compañeiras o 2º Ciclo queren adicarnos a canción: "HAGO  CHAS  Y APAREZCO  A  TU  LADO".

E do duo Alex e Cristina  que estivo de moda na década dos 80.

Os alum@s de 4º curso  a traballaron  no último trimestre na clase de música.

A bailaron e seguiron o seu musicograma. Disfrutamos moito coa súa interpretación.

Desexan que tamén este verán a disfrutedes, demostrando que a música non caduca, sempre pode estar de moda.

domingo, 16 de junio de 2013

4º CANCIÓN ADICADA PARA...

NESTE MES DE XUÑO 
REALIZOUSE A ACTIVIDADE 
DE APADRIÑAMENTO 
LECTOR .

Para estes fantásticos padriños e madriñas  vai a nosa canción adicada.

Algúns fixeron nos recreos monicreques para acompañar o seu conto .Todos mostraron un gran interés na actividade  e por iso merecen uns fortes   BICOS MUSICAIS!!!


sábado, 15 de junio de 2013

UN DÍA INESQUECIBLE CON...


O xoves día 13 de Xuño cambiamos a clase de música por ... unha verdadeira aventura.
Que os rapaces e rapazas de 6º curso do cole de Andrade 2013  terán sempre nas súas lembranzas.

Tivemos o pracer de coñecer en persoa ao escritor Galego XOSÉ  NEiRA  VILAS.
Que poderíamos dicir e non quedarnos curtos.
 FOI  FANTÁSTICO!!!

É unha sorte que un ser humán único e tan especial sexa galego, e que poidamos presumir coa súa obra na nosa lingua.

Deleitounos coas súas verbas pousadas e cheas de máxia.

Moitas grazas e ata sempre!



miércoles, 12 de junio de 2013

3º CANCIÓNS ADICADAS PARA...

Nesta ocasión a canción vai adicada a tod@s os que compartimos o curso 2012-2013.

Agora que chegan as merecidas vacacións de verán, teremos que despedirnos, uns ata o curso que ven, e outros ata sempre.


E que mellor forma de despedida que con unha canción moi especial ..."O  RAP  DE  ANDRADE".
 A súa letra recolle o espíritu do noso  querido Cole. Ademais vai personalizada coas fotos deste curso escolar.

lunes, 10 de junio de 2013

2º CANCIÓNS ADICADAS PARA....

Neste apartado, adicarémoslles as nosas cancións, os nosos compañeir@s do primeiro ciclo.

Desexamos que con elas, ademáis de pasalo ben, aprendan algo de italiano, por si nas vacacións teñen oportunidade de practicalo.

Damoslle as grazas a profe Cristina que moi amablemente nos proporcionou os videos.

VOCES FEMININAS GALEGAS

Agora que estamos no remate do curso faremos unha pequena proba de coñecementos sobre as cantantes galegas  as que adicamos o "Día da Muller 2013".

Atrevete e participa xa me dirás o número de acertos.


  PREPARAD@S,   LIST@S... XA!..

domingo, 9 de junio de 2013

1º CANCIÓNS ADICADAS.....

Como xa estamos rematando o curso, na clase de música estas dias, teremos un apartado para cancións adicadas para disfrutalas no verán.
Os nosos compañeir@s de 3º ciclo nos propoñen a canción "SEÑORITA" de Abraham Mateo.
Aquí tedes dous videos, un para coñecer a canción e outro para practicar a súa coreografía.
Desexamos que vos guste.

sábado, 8 de junio de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: AI, AMOR!



Teremos a sorte de que o vindeiro xoves día 13 de Xuño o escritor galego XOSÉ NEIRA VILAS, presentará na vila de Pontedeume unha exposición sobre a súa obra.
O noso colexio está invitado a inaguración e serán os alumn@s de 6ºcurso os que disfrutarán do citado acontecemento.
Dámoslle as grazas o Concello por facilitarnos o traslado para poder asistir.
E na clase de música prepararemos o fermoso  poema, composto por Xosé  Neira Vilas: AI, AMOR! 
Foi musicado polo grupo galego de musica folk, A QUENLLA.
Tamén faremos un pequeno estudo da obra do autor e da traxectoria musical do citado grupo.


sábado, 1 de junio de 2013

REPRESENTACIÓN DO CONTO: "O QUEBRANOCES"



Xa chegou o día tan desexado da representación do conto "AS AVENTURAS DO QUEBRANOCES".
Dámoslles as grazas as profes de musíca (do Conservatorio de Ferrol) ALMA e LORETO que son a alma mater do grupo MUSICREQUES.

Dúas artistas estupendas que poñen todo o corazón na representación,
facendo que a demais de aprender un montón de cousas sobre: paises do mundo e instrumentos musicais.
Pasemos uns intres moi divertidos coa súa versión do Quebranoces.
Será un día inesquecible dento das actividades que facemos no noso Cole.
GRAZAS  POLO AGARIMO MOSTRADO con todos os nen@s. Sempre estaredes no noso corazón.


domingo, 19 de mayo de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: GRUPO MUSICREQUES

O vindeiro día 30 de Maio, teremola sorte de contar coa representación teatral do grupo MUSICREQUES.
Polo que nas clases de música adicaremoslle un espazo a preparar a súa obra.
Comezaremos coñecendo as letras das cancións que vannos representar.


MUSICANDO EN GALEGO: ESPIRITU DE VIDAL BOLAÑO

Seguimos con actividades do mes das LETRAS GALEGAS.
Presentamos o video con a canción en karoke sobre a vida e as obras deste fantástico artista.
Preparámolo na clase de música.
Grazas por mandarnos este material tan práctico para as nosas clases.








MUSICANDO EN GALEGO: Xa chegou o gran día LETRAS GALEGAS 2013

O xoves día 16 de Maio celebramos no cole o día das LETRAS  GALEGAS  cun CERTAME  MUSICAL.
Contamos coa colaboración da Escola de Música Xarío.Os alumnoa fixeron unhas fermosas interpretacións a guitarra e os profesores acompañáronnos co piano e a guitarra.

MOITAS GRAZAS A ISABEL E FRANCISCO POLO INTERÉS MOSTRADO, POIS AS NOSAS INTERPRETACIÓNS, MELLORARON MOITO COS SEUS ACOMPAÑAMENTOS.

TAMÉN CONTAMOS COA NOSA GAITEIRA PARTICULAR, A PROFE MATILDE QUE NOS INTERPRETOU O HIMNO GALEGO E FIXONOS BAILAR CON ENTUSIASMO A MUIÑEIRA DO MOLETE.

                                  VIVAN AS LETRAS E A MÚSICA GALEGA!


 




sábado, 18 de mayo de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: PREPARANDO O CERTAME MUSICAL DAS LETRAS GALEGAS

Nas clases de música estamos moi ilusionad@s co CERTAME MUSICAL, que terá lugar no cole, coma unha das moitas actividades para celebrar o día das LETRAS GALEGAS 2013.

Preparamos, como xa sabedes, a canción popular "Collín Toxos e Flores"(os cursos de 1º,2º e 3º).

Os alumn@s de 4º preparan a interpretación coa flauta da canción: "Eu Non Sei".

Os de 5º curso, tamen para flauta," Esta Gaitiña e Paxariños que Vindes Cantando".

Rematarán os de 6º curso con outras dos pezas para flauta; "Ai Pepiño Adeus" e "Ai Salvora".

Nunha data tan especial non poden faltar unhas pezas de baile, por iso estamos preparando dous movementos da "Muiñeira do Molete" e a danza popular "Vai de Roda en Roda".

Sin esquecernos do Himno Galego.A hora de clase quedanos un pouco xusta para tanto,pero poñemos moito interés e moitas gañas de facelo ben.

GRAZAS POLO  INSUPERABLE TRABALLO E O INTERÉS QUE MOSTRADES.
TAMÉN O NOSO AGRADECEMENTO , A NOSA GAITEIRA PREFERIDA, A PROFE MATILDE
QUE SEMPRE ESTA DISPOSTA A AXUDARNOS EN TODO.

jueves, 16 de mayo de 2013

NO MES DAS LETRAS: SOMOS ARTISTAS!

No todo é cantar, bailar e tocar algún instrumento, neste mes das Letras Galegas.Tamén participamos no proxecto NÓS TAMÉN CREAMOS.
Eleximos o conto AS VELLIÑAS da editorial OQO e fixemos unha adactación por as nosas terras de Andrade.
Grazas a tod@s, polas ganas de facelo ben e polo moito que disfrutamos.Será dificil esquecer as risas que votamos todos xuntos,vendo a velocidade das velliñas.

Na clase de música analizamos as voces e música de fondo.


 

MUSICANDO EN GALEGO: todo en " GALEGO"

Pareceunos unha idea estupenda a creación da canción...  MEU O MUNDO É!
Moitas grazas a Paco Nogueiras por mandarnos este fantástico video. Faremos bo uso del nas nosas clases de música e esperamos cantarlo tod@s nas actividades programadas neste mes das LETRAS  GALEGAS.




sábado, 11 de mayo de 2013

Seguimos musicando en Galego; PREPARANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

No cole o día 16 de Maio teremos un Certame Musical, é o primeiro dos actos conmemorativos do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso aportan  as súas voces, pois estan preparando con moito interés unha canción popular do noso folclore titúlase...  "COLLÍN   TOXOS  E  FLORES".
Aquí tedes a súa letra personalizada con fotos dos compañeiros do cole con flores,con toxos, preparados para ser bos mariñeiros según nos di a canción.




No mes de... MAIO, MUSICANDO EN GALEGO: POEMAS GALEGOS MUSICADOS




Neste mes, adicado as letras galegas traballamos na clase de música unha sección adicada a poemas galegos musicados .
Este curso empezamos con unha obra de Älvaro Cunqueiro..                     
              "NO NIÑO NOVO DO VENTO".

Aquí temos dúas versións ben distintas .
 Unha de" Emilio Batallán", con ela queremos reflexar o traballo dos cantautores galegos.
E a outra e do grupo "Astarot" para demostrarnos a forza do rock Galego.
Xa me diredes cal das dúas é a que preferides.





domingo, 5 de mayo de 2013

XA CHEGOU O MES DE MAIO!


FESTA! ... 
FESTA, NO COLE DE ANDRADE!
Comezamos o mes de Maio, preparando unha alfombra de frores chea de debuxos da nosa amiga Mª Lires.
Con ela celebramos a festa dos Maios, unha actividade de grande arraigo no noso Concello.
Na clase de Música estivemos preparando unhas cantigas recollidas na nosa bisbarra.
Nesta o casión tivemos a sorte que nos acompañou coa súa gaita a profe Matilde.
Gracias a ela, este ano a festa foi completa.
Moitas grazas Matilde polo entusiasmo mostrado.
Acontinuación tedes as cancións e o video que nos demostra a fermosa xornada da que disfrutamos no noso cole.




sábado, 4 de mayo de 2013

DÍA DO LIBRO: Un conto moi especial

Un ano, mais sumámonos na clase de música, a celebración do "Día do Libro".
Quixemos facerlle unha sinxela homenaxe ou conto musicado TIC-TAC ea ou seu autor Pablo Diaz.
Xa no curso pasado eleximos do mesmo conto a canción "O Libro" e este ano a titulada "Imos a Contar un Conto".
Calquera dás dúas, son unhas fantásticas creacións.
 Moitas grazas, a Pablo Díaz, por poñer nas nosas mans ás súas fermosas composicións ( como fan outros grandes e grandísimas interpretes Galegos) para facer dás nosas clases de música uns recantos de diversión.

lunes, 29 de abril de 2013

CANCIÓNS ADICADAS para...

O 25  DE ABRIL  recibimos no cole a visita (tan esperada) da nosa amiga  "MARÍA  LIRES".
De novo foi unha xornada inesquecible. Este foi un agasallo que nos mandou RAIOTECA neste mes do libro.
Na clase de música estivemos preparando con  entusiasmo dúas cancións para adicarlle con moito agarimo. Sempre que as cantemos terémola ao noso carón.

miércoles, 24 de abril de 2013

SEGUIMOS FALANDO DE CONTOS MUSICADOS

Estes dous contos son especiais neste curso 2012-13.
Compartimos as súas cancións na clase de música e en datas moi sinaladas para todo o Cole, como o dia da Paz  e o día da Poesía.
Xa sabedes de que falo?...  Pois da Nena e o Grilo.


domingo, 31 de marzo de 2013

FALEMOS DE... CONTOS MUSICADOS


O longo do mes de Abril, nas clases de música, adicaremos unha parte da sesión a os contos musicados.
Investigando sobre os autores,compositores e instumentos que dan vida a estas fermosas cancións .
Este curso eleximos algúns dos que traballamos as súas  fántasticas cancións.  
Moitas xa as cantamos en distintas actividades do cole como : o día do amigo, o día da paz, o da poesía...
Temos que darlle o noso agradecemento a todos os autores e compositores que crearon estes fermosos poemas e os acompañaron con unhas melodias tan estupendas.

viernes, 29 de marzo de 2013

A MÚSICA TAMEN É POESÍA

Nas clases de música  nestes últimos días do segundo trimestre, estivemos falando de POESÍA.
  Preparamos a canción "MARÍA  E  A  POESÍA" do novo libro da  Nena e o Grilo nun  barquiño. Cantámola todo o cole o Día da Poesía despois do conto de FréderiK.
Gracías a tod@s polo entusiasmo mostrado.
Seguide facendo poemas na vosa vida cotiá pois...  sodes uns  e unhas grandes artistas.
                FELICES   VACACIÓNS!







martes, 26 de marzo de 2013

AS MULLERES QUE NOS RODEAN


Tamén preparamos na clase de música cinco cancións, para completar o proxecto " AS MULLERES QUE NOS RODEAN" . Unha para cada día , no que o alumnado e o profesorado, mostraron os seus pes de foto.
Todas as cancións queren ser, a nosa homenaxe, a esas mulleres tan especiais que logran facernos a vida mais doada.
Para o último día deixamos a de "Bicos de Música". Mandando moitos ¡ BICOS  MUSICAIS... DENDE O  COLE  DE  ANDRADE!






lunes, 11 de marzo de 2013

DÍA DA MULLER


      
No mes de Marzo temos no calendario escolar dúas datas importantes; O día da  muller e o día da poesía.
Dende a clase de música preparamos varias actividades para compartir e disfrutar todos xuntos.
Esta que os presento, titúlase ; "VOCES  FEMININAS  GALEGAS"
Recolle o traballo de  oito artistas galegas que presentaron un proxecto chamado "Son delas" no que musicaron poemas de Rosalia de Castro e de Xohana Torres. Investigamos sobre as súas biografias, bailamos e cantamos algunha das súas pezas musicais.

sábado, 9 de marzo de 2013

CONCIERTO: " EL CASCANUECES"



El día 6 de Febrero asistimos, tod@s los alumnos de primaria, al Palacio de la Ópera de la Coruña, para disfrutar del concierto "El Cascanueces". Empezamos a preparar  la asistencia a ese espectáculo durante las clases del mes de Enero. Partimos del cuento del Cascanueces que pedimos a la biblioteca del cole, realizamos musicogramas de las piezas más conocidas, como la Danza Española y el Vals de las flores entre otros.También hicimos nuestros primeros intentos de ballet.Para muchos alumn@s era la primera vez que asistieron aun ballet en directo.Creo que,  no me equivoco al decir, que todos salimos muy satisfechos del espetáculo musical.Tenemos que agradecer desde el cole, el esfuerzo de las familias por afrontar el gasto sobre todo del bus .Intentaremos seguir solicitando, en cursos sucesivos,  actividades de esta indole viendo el entusiasmo mostrado por todas las partes.
>

DÍA DA PAZ 2013

Este curso 2013 para celebrar o día internacional da paz preparamos no cole o proxecto..."Apertas de Paz".Por o que na clase de música, ao longo do mes de Xaneiro traballamos o libro "A NENA É O GRILO" gozamos moito coas súas cancións e preparamos especialmente o tema titulado: A RUMBA DÁS APERTAS. Pasamos unhas clases moi animadas, todos desexamos converter o noso cole nun mundo...cheo de apertas.Pero o mellor foi,  cando nos xuntamos,  todos os cursos no  RECANTO DOS CONTOS o 30 de Xaneiro (día da Paz) porque alí cantamos, bailamos e recibimos un montón de apertas. Grazas a tod@s polo entusiasmo mostrado.Recibir unhas fortes apertas músicais.


lunes, 4 de marzo de 2013

O NADAL GALEGO.

    
Preparamos na aula de música ,os distintos cursos, a canción do APALPADORPara moitos nenos a figura do apalpador foi un descubrimento estupendo.Todo o traballo foi un agasallo de Nadal pois cantámola todo o cole no RECANTO DOS CONTOS. Foi unha xornada moi agarimosa para tod@s.
Moitas grazas ao CEIP.Xan Xoán de Filgueiras por compartir o seu traballo.

miércoles, 27 de febrero de 2013