domingo, 19 de mayo de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: GRUPO MUSICREQUES

O vindeiro día 30 de Maio, teremola sorte de contar coa representación teatral do grupo MUSICREQUES.
Polo que nas clases de música adicaremoslle un espazo a preparar a súa obra.
Comezaremos coñecendo as letras das cancións que vannos representar.


MUSICANDO EN GALEGO: ESPIRITU DE VIDAL BOLAÑO

Seguimos con actividades do mes das LETRAS GALEGAS.
Presentamos o video con a canción en karoke sobre a vida e as obras deste fantástico artista.
Preparámolo na clase de música.
Grazas por mandarnos este material tan práctico para as nosas clases.








MUSICANDO EN GALEGO: Xa chegou o gran día LETRAS GALEGAS 2013

O xoves día 16 de Maio celebramos no cole o día das LETRAS  GALEGAS  cun CERTAME  MUSICAL.
Contamos coa colaboración da Escola de Música Xarío.Os alumnoa fixeron unhas fermosas interpretacións a guitarra e os profesores acompañáronnos co piano e a guitarra.

MOITAS GRAZAS A ISABEL E FRANCISCO POLO INTERÉS MOSTRADO, POIS AS NOSAS INTERPRETACIÓNS, MELLORARON MOITO COS SEUS ACOMPAÑAMENTOS.

TAMÉN CONTAMOS COA NOSA GAITEIRA PARTICULAR, A PROFE MATILDE QUE NOS INTERPRETOU O HIMNO GALEGO E FIXONOS BAILAR CON ENTUSIASMO A MUIÑEIRA DO MOLETE.

                                  VIVAN AS LETRAS E A MÚSICA GALEGA!


 




sábado, 18 de mayo de 2013

MUSICANDO EN GALEGO: PREPARANDO O CERTAME MUSICAL DAS LETRAS GALEGAS

Nas clases de música estamos moi ilusionad@s co CERTAME MUSICAL, que terá lugar no cole, coma unha das moitas actividades para celebrar o día das LETRAS GALEGAS 2013.

Preparamos, como xa sabedes, a canción popular "Collín Toxos e Flores"(os cursos de 1º,2º e 3º).

Os alumn@s de 4º preparan a interpretación coa flauta da canción: "Eu Non Sei".

Os de 5º curso, tamen para flauta," Esta Gaitiña e Paxariños que Vindes Cantando".

Rematarán os de 6º curso con outras dos pezas para flauta; "Ai Pepiño Adeus" e "Ai Salvora".

Nunha data tan especial non poden faltar unhas pezas de baile, por iso estamos preparando dous movementos da "Muiñeira do Molete" e a danza popular "Vai de Roda en Roda".

Sin esquecernos do Himno Galego.A hora de clase quedanos un pouco xusta para tanto,pero poñemos moito interés e moitas gañas de facelo ben.

GRAZAS POLO  INSUPERABLE TRABALLO E O INTERÉS QUE MOSTRADES.
TAMÉN O NOSO AGRADECEMENTO , A NOSA GAITEIRA PREFERIDA, A PROFE MATILDE
QUE SEMPRE ESTA DISPOSTA A AXUDARNOS EN TODO.

jueves, 16 de mayo de 2013

NO MES DAS LETRAS: SOMOS ARTISTAS!

No todo é cantar, bailar e tocar algún instrumento, neste mes das Letras Galegas.Tamén participamos no proxecto NÓS TAMÉN CREAMOS.
Eleximos o conto AS VELLIÑAS da editorial OQO e fixemos unha adactación por as nosas terras de Andrade.
Grazas a tod@s, polas ganas de facelo ben e polo moito que disfrutamos.Será dificil esquecer as risas que votamos todos xuntos,vendo a velocidade das velliñas.

Na clase de música analizamos as voces e música de fondo.


 

MUSICANDO EN GALEGO: todo en " GALEGO"

Pareceunos unha idea estupenda a creación da canción...  MEU O MUNDO É!
Moitas grazas a Paco Nogueiras por mandarnos este fantástico video. Faremos bo uso del nas nosas clases de música e esperamos cantarlo tod@s nas actividades programadas neste mes das LETRAS  GALEGAS.




sábado, 11 de mayo de 2013

Seguimos musicando en Galego; PREPARANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

No cole o día 16 de Maio teremos un Certame Musical, é o primeiro dos actos conmemorativos do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro curso aportan  as súas voces, pois estan preparando con moito interés unha canción popular do noso folclore titúlase...  "COLLÍN   TOXOS  E  FLORES".
Aquí tedes a súa letra personalizada con fotos dos compañeiros do cole con flores,con toxos, preparados para ser bos mariñeiros según nos di a canción.




No mes de... MAIO, MUSICANDO EN GALEGO: POEMAS GALEGOS MUSICADOS




Neste mes, adicado as letras galegas traballamos na clase de música unha sección adicada a poemas galegos musicados .
Este curso empezamos con unha obra de Älvaro Cunqueiro..                     
              "NO NIÑO NOVO DO VENTO".

Aquí temos dúas versións ben distintas .
 Unha de" Emilio Batallán", con ela queremos reflexar o traballo dos cantautores galegos.
E a outra e do grupo "Astarot" para demostrarnos a forza do rock Galego.
Xa me diredes cal das dúas é a que preferides.





domingo, 5 de mayo de 2013

XA CHEGOU O MES DE MAIO!


FESTA! ... 
FESTA, NO COLE DE ANDRADE!
Comezamos o mes de Maio, preparando unha alfombra de frores chea de debuxos da nosa amiga Mª Lires.
Con ela celebramos a festa dos Maios, unha actividade de grande arraigo no noso Concello.
Na clase de Música estivemos preparando unhas cantigas recollidas na nosa bisbarra.
Nesta o casión tivemos a sorte que nos acompañou coa súa gaita a profe Matilde.
Gracias a ela, este ano a festa foi completa.
Moitas grazas Matilde polo entusiasmo mostrado.
Acontinuación tedes as cancións e o video que nos demostra a fermosa xornada da que disfrutamos no noso cole.




sábado, 4 de mayo de 2013

DÍA DO LIBRO: Un conto moi especial

Un ano, mais sumámonos na clase de música, a celebración do "Día do Libro".
Quixemos facerlle unha sinxela homenaxe ou conto musicado TIC-TAC ea ou seu autor Pablo Diaz.
Xa no curso pasado eleximos do mesmo conto a canción "O Libro" e este ano a titulada "Imos a Contar un Conto".
Calquera dás dúas, son unhas fantásticas creacións.
 Moitas grazas, a Pablo Díaz, por poñer nas nosas mans ás súas fermosas composicións ( como fan outros grandes e grandísimas interpretes Galegos) para facer dás nosas clases de música uns recantos de diversión.