sábado, 28 de septiembre de 2013

PROXECTO: ANDRADE MEDIEVAL

Como xa falamos nestas primeiras clases, no colexio temos programado traballar, ó longo deste curso 2013-2014  o proxecto titulado..."ANDRADE  MEDIEVAL".

Comezaremos nas nosas clases adicandolle unha parte o estudo da  MÚSICA  NA IDADE MEDIA.
Polo que preparádevos... para comezar está nova aventura!



miércoles, 11 de septiembre de 2013

COMEZA O NOVO CURSO !!!

Hoxe comezamos o curso 2013-2014. Que sorte temos estar de novo xuntos  no noso cole de Andrade.


Ainda  que pola mañá vianse moitas caras de sono, algún que outro choro pero o que mais se notaba eran moitas ganas de ver os compañeiros para xogar de novo todos xuntos.

Eu quero comezar cun desexo para o novo curso.
 Aquí tedes ...   "O RAP DA EDUCACIÓN 2.0" que explica moi ben o que esperamos lograr ao longo desta nova etapa das vosas vidas .
DISFRUTEMOS CANTANDO  E  BAILANDO  NAS NOSAS CLASES DE MÚSICA.