sábado, 30 de noviembre de 2013

UN DÍA PARA A IGUALDADE

Como xa esperábamos o mércores 27 de Novembro nos xuntamos no Recanto dos Contos para meditar sobre a "Igualdade e contra a Violencia de Xénero".

Raioteca deixounos un video, un conto e a canción. Que nas clases de música estivemos preparando con moito interés.




Aquí tedes un video para que podades disfrutar de novo dun día tan especial.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PREPARANDO O 25N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nestes días do mes de Novembro estamos traballando nas clases de música  a canción :
               "SE  ACABARON  LAS  LÁGRIMAS"  de Huecco.
Elexímola polo moito que comunica, o polo seu ritmo que nos pon a tod@s a bailar.
Desexamos que o día que  a cantemos no Recanto dos contos todo o cole sexa un verdadeiro éxito.

FALAMOS DO INTÉRPRETE:

Iván  Sevillano Pérez conocido como Huecco É 

un cantante español nacido no 1974


en Plasencia (Cáceres excomponente de la


banda Sugarless.  Saltó a la fama en 2006 como cantante


en solitario con su tema Pa' mi guerrera.



domingo, 10 de noviembre de 2013

ANDRADE MEDIEVAL: " VI FESTA DA FROITA"

O  pasado 30 de Outubro celebramos a VI Festa da Froita no noso cole.

Como neste curso temos en marcha o proxecto "Andrade Medieval", decidimos que esta edición da festa centrárase nun mercado medieval.
Por iso o noso cole, por un día, encheuse de cabaleiros, damas , monxes , campesiños e campesiñas etc...
Todos dispostos a pasalo moi ben, nunha verdadeira festa do medievo cun torneo de xogos,con danza, cantigas e sobre todo cunha degustación de doces feitos con froitas das nosas hortas.

Dende a clase de música nos encargamos de buscar a melodia que acompañou o desfile e a festa.

FELICIDADES a tod@s polo interés mostrado e sobre todo ás familias polo moito que se esforzaron en facer uns doces tan ricos.
Aquí tedes un video para recordar unha xornada  tan estupenda.

domingo, 3 de noviembre de 2013

ANDRADE MEDIEVAL ... FALEMOS DE TROBADORES

Seguimos a falar dos trobadores  e o máis destacado da idade media foi o rei "ALFONSO X ".
Aquí tedes algo de información e un video dunha das súas cantigas mais coñecidas.